Sunday 28 de April de 2024

María Méndez Pérez de Arévalo será a segunda protagonista de ‘Unha obra, unha mirada’, o programa que pretende achegar a arte ao rural no Concello de Cerdido


• Exporá a súa obra, baseada na técnica de pintura mixta, na Casa Consistorial ata o vindeiro 31 de agosto

• Estará aberta ao público de luns a venres, de 8 a 14:30 horas

María Méndez Pérez de Arévalo será a segunda protagonista do programa cultural ‘Unha obra, unha mirada’, que pretende achegar a arte ás zonas máis rurais do Concello de Cerdido.
A artista, natural de Ferrol, utiliza a técnica de pintura mixta para expresar a actitude indómita, rebelde e irreverente das mulleres á hora de reinvindicar o seu lugar no mundo.
A mostra estará aberta ao público na Casa Consistorial ata o vindeiro xoves, 31 de agosto, en horario de 8 a 14:30 horas.
A de María Méndez Pérez de Arévalo será a segunda mostra deste ciclo de exposicións, iniciado por Xosé Iglesias, que contou cun gran número de visitas no Concello ao longo do mes de xullo.
A intención do gobernó local é a de manter estas actividades durante os 365 días do ano, establecendo exposicións en diferentes localizacións da administración pública.
‘Unha obra, unha mirada’ volve despois de varios anos coa intención de facilitar o acceso cultural a aqueles núcleos de poboación onde non teñen tanta facilidades para acceder a actividades culturais como exposicións, concertos, espectáculos de humor, etc.